Detail :: Data Jembatan

Jembatan Millennium (Ourense)



Panjang277,80 m
Lebar21,00 m
Bentang Terpanjang110,00 m
Kondisi UmumAktif
Jenis JembatanLain-lain
Tanggal Selesai2001
Tanggal Peresmian2001
NegaraSpain
Latitude (GPS)42.3456060000000000
Longitude (GPS)-7.8742110000000590

A Ponte do Milenio, tamén coñecida como Ponte da Gaivota pola súa forma, é a quinta ponte da cidade de Ourense es está situada entre a Ponte Maior de Ourense e a ponte da Nacional N-525 (Benavente-Santiago). Ten un deseño interesante e destacado por unha pasarela que a envolve a modo de anel que se deforma para elevarse por encima e baixar polos laterais. Por este anel, pódese camiñar até 20 m de altura por riba da ponte cunha traxectoria de 100 chanzos. A lonxitude do vano central é de 110m cunha pendente de 2.57% e un radio de 320 m.

Descrición

A ponte está constituída por dous niveis. O nivel inferior é unha plataforma de formigón que forma a ponte en si mesma e pola que transitan vehículos e peóns. Un sistema de tirantes e dous piares metálicos inclinados, situados nos extremos, sustentan a plataforma de circulación. O segundo nivel da ponte está constituída pola pasarela peonil que descende polas beiras laterais por debaixo da plataforma e ascende até unirse cos extremos que proceden do outro lateral por encima da ponte formando unha especie de aro deformado que se adapta á ponte de modo envolvente. Este paseo envolvente é transitábel e proporciona unhas vistas interesante da paisaxe do río e da cidade. A obra realizouse entre abril 1999 e agosto 2001.

Acceso

Accédese desde a estrada N-525 en dirección ao centro da cidade pola Rúa dos Remedios. Ten dobre sentido de circulación e desemboca nos seus extremos en sendas rotondas.

Responsábeis do proxecto

O proxecto é do arquitecto Álvaro Varela de Ugarte, da Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid, máster en Arquitectura pola Universidade de Yale e doutor pola Universidade de Tokio. O desenvolvemento da enxeñería foi de Pondio Ingenieros s.l. e a empresa construtora foi UTE Ponte Miño (ACS / OCA).

 


Sumber :
https://gl.wikipedia.org/wiki/Ponte_do_Milenio



Galeri Foto